Regulamento

1. A inscrición deberá realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, correo electrónico, data de nacemento, DNI e teléfono.

ATENCIÓN: Facilitaranse diferentes vías de inscrición, con data límite do 28 de maio as 23:59h.

2. Facilitaráselle a cada participante o seu dorsal que deberán colocar na bicicleta.

3. O dorsal recollerase o día da proba na zona de saída/meta (Casa Cultural de Alxén), entre as 8.00 e as 9.00 h da mañá (cumprimento estrito de horario).

4. Os nenos poderán ir acompañados polos pais, nais ou titores e deberán
cumprimentar unha autorización.

5. A proba é de carácter non competitivo, xa que é un evento deportivo para
fomentar a actividade deportiva, enmarcado dentro do programa das festas locais.

6. A proba terá a hora de saída ás 09.30h , e un máximo de tempo de realización da proba de 5.00h, tendo como lugar de saída e chegada a Casa Cultural de Alxén.

7. De producirse lesións e/ou accidentes debidos á práctica deportiva, será a entidade aseguradora do evento deportivo quen se fixese cargo, polo que a organización non se fai responsable dos dános físicos que poidan sufrir os participantes durante o evento. Mentres tanto, en todo momento estará disposto un servizo sanitario, se fose preciso.

8. Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.

9. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.